Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

Liñas de actuación 3

Economía azul, innovación e oportunidades

O noso terceiro obxectivo promoverá a transformación social e económica, a transferencia, a formación e a capitalización do coñecemento cara a unha economía azul realmente sostible, con máis capacidade de proposta e transformación, para adaptarse aos retos que se derivan da transición ecolóxica e dixital nun contexto de cambio global. Farémolo a través dunha investigación dende o ámbito das ciencias sociais integrada con disciplinas dos campos da física, a química, as matemáticas, a bioloxía ou a xeoloxía entre outras, para conseguir o desenvolvemento sostible e resiliente do litoral en Galicia. 

Investigaremos medidas de adaptación e mitigación das presións e vectores de cambio que se están a producir no noso contorno social, económico e ecolóxico, prestando atención aos servizos ecosistémicos e aos sistemas socio-ecolóxicos, e faremos propostas concretas que axuden á toma de decisións de todos os interesados (administración, investigación, industria e sociedade) e faciliten os avances no cumprimento dos obxectivos da normativa relevante autonómica, estatal e europea. Desenvolveremos un modelo de xestión integrada do fluxo do coñecemento científico en ciencias do mar, especificamente adaptado ao contexto ambiental, sociocultural, económico e institucional de Galicia. 

Paquetes de traballo en esta línea