Programa de
Ciencias Mariñas
de Galicia

Investigación colaborativa para a Galicia do Mar

Nun contexto de cambio global é esencial intensificar o esforzo científico

Dirixido a comprender o estado dos recursos mariños, identificar áreas vulnerables e predicir a súa evolución en diferentes escenarios, especialmente en relación co cambio climático.

Galicia é mar

Galicia abraza máis de 1400 km de costa con características únicas.
Alberga unha grande diversidade e riqueza de ecosistemas mariños.
A maior densidade de poboación nas zonas de costa, a multiplicidade de usos e a dependencia económica e social da economía do mar, converten a Galicia nun marco de acción desafiante ao mesmo tempo que cheo de oportunidades.

Desafíos

Os efectos do cambio climático afectan profundamente ao océano: o aumento do nivel do mar, a acidificación ou o incremento da temperatura son algúns dos efectos máis coñecidos. 


Estes cambios teñen un impacto significativo nos ecosistemas mariños e nas comunidades que dependen deles.

A perda da biodiversidade mariña e a degradación dos hábitats e dos  ecosistemas acuáticos son ameazas graves para a vida no planeta. 


As medidas de protección son necesarias para preservar a saúde do océano e os servizos de ecosistema que nos proporciona.

A pesca e a acuicultura son actividades esenciais para a economía de Galicia e una fonte imprescindible de alimento de calidade e saudable.


É fundamental avanzar no coñecemento necesario para garantir unha xestión sostible destas actividades e dos recursos necesarios para que as mesmas perduren.

A contaminación do océano con productos químicos, plásticos e outros refugallos representa unha ameaza para a vida mariña e, con frecuencia para a saúde humana.


Son necesarias tecnoloxías dirixidas a monitorizar e dimensionar este tipo de problemas coa frecuencia e a especificidade necesarias para poder desenvolver mecanismos de prevención e resposta axeitados, mesmo con contaminantes emerxentes.

As comunidades costeiras son particularmente vulnerables fronte a eventos climáticos extremos. 


É necesario desenvolver estratexias de adaptación e resiliencia para protexer a súa supervivencia.

Colaboración estreita entre as distintas institucións participantes

Entidades de la Xunta de Galicia, el CSIC y el Sistema Universitario de Galicia
0
Grupos de
investigación marina
0
Paquetes
de traballo
0