Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

Liñas de actuación 01

Observación e monitorización do medio mariño e do litoral

No marco da Observación e da monitorización imos xerar unha estratexia, baseada nun plan de goberno con ambición de permanencia, para o seguimento do ecosistema mariño en Galicia en todas as súas dimensións, co fin último de obter a información necesaria para garantir un mellor e máis sostible uso dos seus recursos e servizos. Co fin de conseguir o funcionamento óptimo desta estratexia, desenvolveremos, validaremos e implantaremos un conxunto multidisciplinar e interdisciplinar de ferramentas e tecnoloxías altamente innovadoras e eficientes que permitan mellorar significativamente o seguimento e a observación do mar.

O plan dará cobertura ás variables de observación máis relevantes ampliando o seu número e a calidade dos datos, optimizando o custo asociado á súa obtención cando fora posible. Para xestionar a información e os servizos que dependen da mesma, estamos deseñando e construíndo unha plataforma de datos integrada no Centro de Supercomputación de Galicia, ao tempo que construímos ferramentas de integración de información heteroxénea baseadas en modelado complexo, ciencia de datos e intelixencia artificial.

Paquetes de traballo nesta liña