Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

Plataforma integrada de datos mariños

A ciencia basease na acumulación de diferentes tipos de datos que sexan obxectivos e verificables. Pero frecuentemente no traballo científico en xeral, e no das ciencias mariñas en particular, atopamos dificultades para poder acceder a eses datos.  Estas dificultades teñen diferentes orixes. En primeiro lugar os datos que se buscan non sempre son doados de atopar ou mesmo poden non estar dispoñibles en liña. En segundo lugar os formatos poden ser moi diferentes entre si, e estar estruturados e non, o que dificulta o seu uso. En último lugar, pero non menos importante, ás veces non dispoñemos dos metadatos necesarios para saber quen tomou os datos, de que xeito e con que nivel de calidade foron arquivados. Neste paquete de traballo preténdese poñer a disposición da comunidade de ciencias mariñas de Galicia unha infraestrutura que poida solucionar, polo menos en parte, algún deses problemas.

 

Con este obxectivo, en primeiro lugar identificaranse conxuntos de datos que estean nun nivel de estandarización relativamente elevado, tanto físicos, como bioxeoquímicos, biolóxicos, socioeconómicos e humanos. Partirase de datos que estean dispoñibles en bases de datos e cun conxunto mínimo de metadatos. A partir de aí, mediante a construción dun modelo de datos serán integrados dun xeito estandarizado nunha plataforma de integración. Usaranse repositorios do tipo plataforma de integración, modelos de datos federados, etc., para facilitar o uso pola comunidade de ciencias mariñas de Galicia. A este estratexia denominarémola Produto Mínimo Viable (PMV). O obxectivo último será integrar tamén outros datos que non teñan este alto nivel de estandarización.

 

Ademais desta plataforma de integración, á que será simple acceder, pero que requirirá usuarios cun alto nivel de manexo en linguaxes como Python ou Jupyter Notebooks, un segundo punto importante deste paquete de traballo será a posta en marcha do denominado Laboratorio Virtual Mariño. Con esta ferramenta pretendese que os interesados poidan traballar cos datos sen ter necesariamente un coñecemento avanzado de linguaxes de programación.

 

Outro punto importante será o control de calidade dos datos integrados. A integración de parámetros similares de fontes diversas e en ámbitos temporais e espaciais coincidentes permitirá que a propia plataforma ofreza comparacións e análises estatísticas, de xeito que se poida contrastar a precisión e a exactitude dos distintos orixes de datos. A información obtida será de axuda para os subministradores de datos para contrastar a súa calidade e así analizar e corrixir posibles desviacións. Por último, a plataforma integrada deberá servir como base para poder construír diferentes produtos ou servizos climáticos que poderán acceder a distintos tipos de datos a través dunha ou varias APIs. Estes servizos soamente necesitarán da construción por parte dos interesados dalgún contedor, que podería ser unha páxina web.

 

O fin último do paquete de traballo será que a plataforma de integración e o laboratorio virtual mariño permanezan como base para seguir integrando todos aqueles datos que, ou ben por falta de estandarización, ou ben porque se obteñan noutros paquetes de traballo deste Programa, non poidan ser integrados nesta fase, pero si poidan enriquecer no futuro a plataforma de integración, o laboratorio virtual e permitan continuar a súa utilización.

María Luz Macho Eiras (MeteoGalicia)
Manuel Ruiz Villarreal (IEO-CSIC)
Francisco Landeira Vega (CESGA)
Carlos Fernández Sánchez (CESGA)
Javier Cacheiro López (CESGA)
Ignacio González (CETMAR)
Silvia Torres (CETMAR)
Gonzalo González-Nuevo González (IEO-CSIC)
Eva Velasco (IEO-CSIC)
Antón Velo Lanchas (IIM-CSIC)
Xosé Antonio Padín (IIM-CSIC)
Garbiñe Ayensa (INTECMAR)
Pedro Montero Vilar (INTECMAR)
María Pilar Díaz Pérez (MeteoGalicia)
Pablo Carracedo García (MeteoGalicia)
Miguel R. Luaces (UDC)
Susana Ladra (UDC)
José Ángel Taboada González (USC)
José Ramón Ríos Viqueira (USC)
Julián Carlos Flores González (USC)

Líñas de actuación relevantes no marco de referencia

A1.5 Plataforma integrada de datos mariños

A1.6 Técnicas analíticas avanzadas de datos complexos

A1.7 Desenvolvemento dunha estratexia de observación mariña

A1.8 Desenvolvemento de produtos e servizos para a toma de decisións

A3.8 Creación dun laboratorio de iniciativas de ciencia cidadá e de participación social no desenvolvemento da investigación mariña

 

Actuacións/propostas integradas no paquete de traballo

4.1 Fontes de datos e Integración de datos.

4.2 Plataforma de datos e Plataforma de integración.

4.3 Servizos e Laboratorio Virtual Mariño.