O paquete de traballo pretende contribuír de forma determinante á diversificación sustentable da acuicultura en Galicia mediante dúas apoximaciones complementarias: i) o desenvolvemento de novos sistemas de Acuicultura MultiTrófica Integrada (IMTA en inglés) utilizando macroalagas e ii) o desenvolvemento do cultivo de novas especies, neste caso o pulpo común, cun enfoque multidisciplinar que permita desenvolver o seu cultivo de forma sustentable.
Dentro deste paquete de traballo, na Actuación 9.1. preténdense desenvolver, a escala piloto, dous diferentes sistemas IMTA con macroalgas como productor primario e asimilador de nutrientes (fundamentalmente N e P) que producen animais en cultivo. Preténdese ensaiar dous sistemas metodológicamente moi distintos, pero de gran aplicación na acuicultura galega:
Por outra banda, as macroalgas cultivadas en augas eutrofizadas, como poden ser as dalgunhas zonas das ría galegas ou, especialmente, as dos sistemas RAS, mostran unha riqueza en proteínas máis elevada e constante, polo que son materias primas idóneas para o seu uso na alimentación humana e animal. No marco desta Actuación incluirase tamén a caracterización química de ambas especies de macroalgas cultivadas, evaluando tanto a súa composición como a calidade nutricional en comparación con exemplares procedentes de poboacións silvestres.
Para rematar, estes sistemas de cultivo se modelizarán no marco do PT4 (Actuación 4.3). Para iso, na presénte Actuación levarase a cabo a toma de datos necesaria para modelar ambos tipos de sistemas. Estes modelos permitirán unha mellor comprensión de devanditos sistemas e axudarán a mellorar a productividade, nun enfoque sustentable. Serán ademais unha ferramenta fundamental para o asesoramiento técnico á hora da gobernanza e ordenación das actividades acuícolas, tanto na costa galega como nas instalacións en terra.
Na actuación 9.2 pretendese avanzar no estudio das condicións de benestar animal a través da identificación e selección de Indicadores Operacionais de Benestar ou “Welfare Operational Indicators” (OWIs) para lograr un cultivo de polbo saudable e sustentable. O benestar animal e un asunto de crecente preocupación pública, e de gran importancia para o incipiente desenvolvemento da acuicultura desta especie. Actualemente existe unha necesidade urxente de desenvolver criterios, enfoques e prácticas para controlar e salvaguardar o benestar nas distintas especies de acuicultura, e específicamente no polbo.
Os criterios para a evaluación do benestar deben centrarse fundamentalmente na alimentación, condicións adecuadas do aloxamento e entorno vital, comportamento e saúde. O obxectivo desta actuación e, en base ós coñecementos científicos dispoñibles actualmente, determinar, seleccionar e validar marcadores específicos de benestar de polbo que sexan definidos como biomarcadores ou OWIs e que poidan ser medidos e integrarse nas directrices de boas prácticas na súa acuicultura. Preténdese así sentar as bases para o desenvolvemento dunha acuicultura responsable co medio ambente e a ética animal, asegurando o seu benestar. Ademais, preténdese, mediante un enfoque multidisciplinar, a optimización de aspectos clave para o cultivo sustentable de polbo. O polbo común (Octopus vulgaris) é unha especie de gran interese comercial, e un excelente candidato para a diversificación da acuicultura. A sobreexplotación das poblacións naturais e a alta demanda de mercado, fan que o seu cultivo sustentable supoña un impacto positivo e directo sobre as poblacións naturais sendo así unha ferramenta para suavizar a presión pesqueira e conservación da especie.
Unha vez superadas as deficiencias zootécnicas (mediante o protocolo de cultivo desenvolvido e patentado polo IEO), a consecución dun cultivo sustentable e a estandarización de criterios específicos de benestar animal require a optimización e desenvolvemento de 4 bloques ou alicerces fundamentais: 1. Determinación de marcadores OWI ambientais para a evaluación do comportamento e índice de condición do polbo nos sistemas de aloxamento e entorno vital acuícola nas distintas fases de desenvolvemento; 2. Coñecemento en profundidade das necesidades nutricionais en fase paralarvaria e acceso a presas vivas producidas en catividade que permitan deseñar unha dieta que evite a dependencia continuada do medio mariño e polo tanto unha acuicultura sustentable; 3. Determinación de marcadores OWI biolóxicos para o diagnóstico e control sanitario, e evaluación e monitorización da saúde dos animais en catividade; e 4. Determinación de marcadores OWI biolóxicos para a evaluación e control da diversidade xenética dos reprodutores. Os resultados obtidos serán unha ferramenta fundamental para o incipiente desenvolvemento da acuicultura do polbo.
Javier Cremades Ugarte (UDC)
Montse Pérez (IEO-CSIC)
Ana María Alonso Martínez (CIMA)
Edgar No Couto (CIMA)
Francisco Emilio Abella Rey (CIMA)
Fiz da Costa (IEO-CSIC)
Isabel Riveiro (IEO-CSIC)
Pedro Domíngues (IEO-CSIC)
Isabel Paz Boubeta (IGAFA)
María Xesús Abelleira Argibai (IGAFA)
Miguel Anxo Lastres Couto (IGAFA)
José Pintado Valverde (IIM-CSIC)
Patricia Ruiz García (IIM-CSIC)
Camino Gestal (IIM-CSIC)
Sonia Dios (IIM-CSIC)
Isabel Medina Méndez (IIM-CSIC)
María Jesús González (IIM-CSIC)
Cristina Piñeiro Corbeira (UDC)
Rodolfo Barreiro Lozano (UDC)
Manuel Rey-Méndez (USC)
Francisco Rocha (UVIGO)
A2.1 Diversificación dos cultivos
A2.11 Mellora do coñecemento sobre o benestar dos cultivos
A2.14 Estudos de xenética de poboacións de peixes e moluscos
A2.19 Mejora de la trazabilidad y diversificación de la oferta
A2.3 Mellorar o coñecemento da bioloxía, patoloxías e outros aspectos fisiolóxicos relevantes para a cría de moluscos
A2.4 Fomento do cultivo de macroalgas de alto valor comercial e integración en configuracións IMTA
A2.6 Fomentar a investigación e o desenvolvemento de sistemas de cultivo non convencionais de peixes, moluscos e outros grupos taxonómicos: IMTA (offshore e onshore), sistemas de recirculación (RAS).
A2.9 Mellora dos sistemas de cultivo de peixes
A9.1 Modelos piloto de sistemas de IMTA-Offshore e IMTA-RAS con enfoque ecosistémico
A9.2 Avances no benestar do polbo, Octopus vulgaris, en cultivo. Unha aproximación multidisciplinar para un cultivo sustentable.