Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

Ferramentas de transformación social para o desenvolvemento sostible de Galicia no medio mariño

O impacto da investigación debe verse traducido en beneficios económicos, ambientais, sociais e culturais que contribúan ó progreso e transformación social cara a realidades máis sostibles e territorios máis resilientes. Para que se produza o devandito impacto, requírese que: 1) o coñecemento científico chegue ós diferentes sectores e actores públicos e privados, así como á cidadanía no seu conxunto e, 2) que os receptores sexan permeables a este coñecemento, de forma que se maximice o seu alcance e aproveitamento e poida enraizar, resultando nunha integración efectiva e significativa a todos os niveis. Facilitar a canalización adecuada do fluxo deste coñecemento, conferiríalle un maior potencial transformador e suporía un avance na sustentabilidade mariña.

 

Este paquete de traballo desenvolverá un Modelo Integrado de Xestión do Fluxo de Coñecemento Científico en ciencias mariñas (canles, resultados, tecnoloxías, conceptos, datos, métodos, etc.), adaptado especificamente ó contexto ambiental, sociocultural, económico e institucional da Comunidade Autónoma de Galicia, e baseado na cultura científica, a transferencia e a capacitación como catalizadores para a innovación e a transformación social, e desde xeito, avanzar cara a un cambio de paradigma na xestión do coñecemento científico, onde prime unha concepción holística e integrada do mesmo.

 

Este modelo permitirá crear estratexias para que os resultados da I+D+i en ciencias mariñas 1) xeren cultura oceánica a través da sensibilización, a educación e a participación da sociedade, 2) adquiran valor social, económico e patrimonial, e 3) xeren capacidades, tanto en ámbitos profesionais como non profesionais, contribuíndo a un desenvolvemento sostible de todas aquelas actividades vencelladas o ámbito mariño, sobre as bases da economía azul e da Investigación e Innovación Responsables (Responsible Research and Innovation -RRI-), con vistas a favorecer unha transformación social inclusiva e sostible. Esta proposta articularase en:

  • Un MARCO CONCEPTUAL, que incluirá a análise do contexto;
  • METODOLOXÍAS E PROTOCOLOS, coma o deseño dun sistema de avaliación e seguimento adaptado; principios de boa gobernanza a implementar nos procesos participativos, entre outros;
  • FERRAMENTAS de apoio, ben a partir da adaptación dalgunhas xa existentes e/ou de nova creación.

 

Estes instrumentos aplicaranse con carácter piloto en, cando menos, dous dos restantes paquetes de traballo do Programa de Ciencias Mariñas (PCCiencias Mariñas). Este enfoque demostrativo permitirá obter CASOS DE ESTUDO que comprobarán a funcionalidade e robustez do modelo para potenciar e amplificar o impacto social das liñas temáticas que o Programa prioriza para o futuro (Liña 1. Observación e control do medio mariño e litoral e Liña 2. Acuicultura sostible, intelixente e de precisión).

 

Como produto final, obterase para cada unha das áreas (Capacitación, Transferencia e Cultura Científica) unha guía, con estrutura similar en cada unha delas, que permitirá as sinerxías entre as aproximacións e o transvasamento de coñecementos e boas prácticas entre as áreas e entre as organizacións promotoras, incrementando a posibilidade de levar a cabo accións coordinadas, reforzando a rede e facilitando a aplicabilidade das ferramentas xeradas a varios ámbitos. O seu uso e aplicación está dirixida tanto ó persoal investigador e técnico, como ós servizos e unidades especializadas, para reforzar así as capacidades de soporte no conxunto do sistema.

 

Esta proposta, de aproximación transdisciplinar e multiaxente, basearase na cooperación interinstitucional permitindo á comunidade investigadora e ás organizacións das que forman parte crear e traballar nunha REDE, de forma coordinada, baixo un marco común que aglutine e explote recursos e capacidades, dotando dunha maior axilidade e fluidez ó ecosistema de innovación en nosa CCAA. A estrutura en rede permitiría atender ó mesmo tempo, con xeometrías e dinámicas variables, as necesidades de capacitación, transferencia e cultura científica.

José Pintado Valverde (IIM-CSIC)
Domingo Antonio García Allut (UDC)
Guadalupe Martín (CETMAR)
Lucía Fraga Lago (CETMAR)
Rosa Fernández Otero (CETMAR)
Mª Luisa Martínez Lorenzo (DLGGA-CSIC)
Patricia Quintas Pérez (IEO-CSIC)
Uxía Tenreiro López (IEO-CSIC)
Gabriela Ojeda Romano (IIM-CSIC)
Cristina Sánchez-Carretero (INCIPIT-CSIC)
David Barreiro (INCIPIT-CSIC)
Lourdes Vázquez Oderiz (USC)
Mª Ángeles Romero Rodríguez (USC)
Nieves Muños Ferreiro (USC)
Ana Tubío (USC)
Gillian Ainsworth (USC)
Ignacio Gianelli (USC)
Natali Lazzari (USC)
Pablo Pita (USC)
Sebastián Villasante (USC)
Noelia Estévez Calvar (UVIGO)
Cristina Quelle Gómez (UVIGO)
Kais Jacob Mohamed Falcón (UVIGO)
Daniel Rey García (UVIGO)
Leonor Parcero López (UVIGO)
Lucía Calvo López (UVIGO)
Marta Crespo Cruces (UVIGO)

Líñas de actuación relevantes no marco de referencia

A3.10 Laboratorio de ideas

A3.12 Divulgación de coñecemento e educación sobre o medio mariño

A3.8 Creación dun laboratorio de iniciativas de ciencia cidadá e de participación social

A3.9 Creación dunha rede de actores de investigación e innovación

 

Actuacións/propostas integradas no paquete de traballo

11.1 Marco conceptual e operativo e creación de rede

11.2 Metodoloxía e ferramentas na área de Cultura Científica para as Ciencias do Mar

11.3 Metodoloxía e ferramentas na área de Transferencia para as Ciencias do Mar

11.4 Metodoloxía e ferramentas para a Capacitación en cultura científica e transferencia para as Ciencias do Mar

11.5 Casos de estudo e avaliación da transformación social