Principais desafíos

O Programa de Ciencias do Mar de Galicia afronta varios retos nas súas diferentes áreas de investigación. Algúns dos principais retos inclúen:

Os efectos do cambio climático afectan profundamente ao océano: o aumento do nivel do mar, a acidificación ou o incremento da temperatura son algúns dos efectos máis coñecidos. 

Estes cambios teñen un impacto significativo nos ecosistemas mariños e nas comunidades que dependen deles.

A perda da biodiversidade mariña e a degradación dos hábitats e dos  ecosistemas acuáticos son ameazas graves para a vida no planeta. 


As medidas de protección son necesarias para preservar a saúde do océano e os servizos de ecosistema que nos proporciona.

A pesca e a acuicultura son actividades esenciais para a economía de Galicia e una fonte imprescindible de alimento de calidade e saudable.


É fundamental avanzar no coñecemento necesario para garantir unha xestión sostible destas actividades e dos recursos necesarios para que as mesmas perduren.

A contaminación do océano con productos químicos, plásticos e outros refugallos representa unha ameaza para a vida mariña e, con frecuencia para a saúde humana.


Son necesarias tecnoloxías dirixidas a monitorizar e dimensionar este tipo de problemas coa frecuencia e a especificidade necesarias para poder desenvolver mecanismos de prevención e resposta axeitados, mesmo con contaminantes emerxentes.

As comunidades costeiras son particularmente vulnerables fronte a eventos climáticos extremos. 


É necesario desenvolver estratexias de adaptación e resiliencia para protexer a súa supervivencia.

Estes retos requiren un enfoque transdisciplinar e ambicioso, así como unha estreita colaboración entre as distintas institucións participantes e unha coordinación eficaz entre as distintas áreas de investigación.