Participantes

Como se coordinarán as distintas institucións participantes?

Sete institucións galegas participan no Programa, que inclúe as 3 Universidades do Sistema Universitario Galego, 4 centros do Consello Superior de Investigacións Científicas e 6 centros tecnolóxicos ou de investigación da Xunta de Galicia (CETMAR, INTECMAR, CIMA, IGaFA, CESGA e o servizo autonómico de meteoroloxía METEOGALICIA), ademais da participación directa da propia Consellería do Mar. En total participan 89 grupos de investigación, con unha dedicación total de 4.093 persoas/mes, o que tradúcese nunha media de 114 investigadoras/es cada un dos 36 meses de proxecto. A coordinación entre estas institucións é esencial para o éxito do programa e representa unha oportunidade única para o artellamento da investigación mariña galega e para o reforzo das súas capacidades e resultados ao servizo da sociedade.