Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

Resultados esperados

O Programa de Ciencias do Mar de Galicia espera producir unha serie de resultados nas súas diferentes áreas de investigación. Algúns dos resultados esperados inclúen:

Extratexia integral de seguimento do escosistema mariño

Implementación exitosa na implementación dunha estratexia integral de seguimento do ecosistema mariño en Galicia, co uso de ferramentas innovadoras que melloraron a observación e seguimento do mar, xerando datos máis precisos e contribuíndo a unha xestión máis sostible dos recursos mariños.

Produción acuícola precisa e sostible

Significativos avances na produción acuícola sostible grazas á investigación xenómica, que aumentou a productividade e reduciu os impactos ambientais. Desenvolvéronse ferramentas para garantir un abastecemento sostible de sementes na acuicultura de moluscos bivalvos e estratexias efectivas de diagnóstico e prevención de enfermidades que reforzaron a industria acuícola na comarca.

Transformación social e económica

Promover unha transformación social e económica cara a unha economía azul realmente sostible, con iniciativas que integran a sustentabilidade nos sectores marítimo e costeiro. Maior diversificación económica, emprego verde e actividades respectuosas co medio ambiente para impulsar a economía azul sostible.

Consolidación dunha cultura científica na sociedade

Maior compromiso e participación da sociedade en temas científicos do ecosistema mariño, con eficientes mecanismos de transferencia, colaboración intersectorial y programas formativos que impulsaron a innovación, prácticas sostibles e a contribución activa na protección e xestión do medio mariño.

Conferencias, publicacións, software especializado, aplicacións interactivas e infografías

Realizar un total de 172 entregas que abranguen diversos formatos e contidos, destacando informes e publicacións sobre distintos temas. Ademais, están previstas entregas adicionais como bases de datos, software especializado, aplicacións interactivas e infografías para atender ás variadas necesidades da audiencia e proporcionar información de forma accesible e atractiva en diferentes medios.