O paquete de traballo de coordinación é unha peza de soporte fundamental e totalmente transversal ó conxunto dos demais paquetes de traballos previstos no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia.
Dende o momento no que se confirmou que unha das áreas de financiamento previsto para os Plans Complementarios de Ciencia e Innovación financiados polos Fondos de Recuperación e Resiliencia da UE en Galicia serían as ciencias do mar, os organismos que participan na coordinación da iniciativa, CSIC a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a Fundación CETMAR e a Universidade de Vigo a través do Centro de Investigacións Mariñas (UVIGO-CIM) puxeron en marcha unha estratexia destinada a implicar ó conxunto da comunidade investigadora no proceso de definición dos plans de traballo e compromisos concretos a desenvolver nos próximos tres anos dende o comezo no 2022, e de maneira aberta e amplamente participativa.
No proceso teñen intervido en maior ou menor medida máis de 250 investigadores e investigadoras das 3 universidades do SUG, 4 centros do CSIC (IEO A Coruña e Vigo, INCIPIT e o IIM); 7 centros da Xunta de Galicia (CETMAR, CIMA, IGAFA e INTECMAR, centros vencellados a Consellería do Mar, MeteoGalicia da Consellería de Medio Ambiente, CESGA, e a propia Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Se ben todos os participantes no proceso foron coñecedores de que non ía ser posible financiar a totalidade de grupos e propostas, o exercicio de formulación foi sumamente inclusivo e existe unha intención compartida, alén dos parceiros que actúan finalmente como beneficiarios, de facer que o Programa actúe como panca para a investigación e a ciencia da sostibilidade do medio mariño e para a economía do mar en Galicia.
Os esforzos de coordinación e participación que se deron durante este proceso, deberán aínda reforzarse durante a execución dos traballos. Os obxectivos cos que se deseña este paquete de traballo de Coordinación abranguen as diferentes facetas de coordinación que se prevén necesarias, e que se organizan en catro actuacións: 1.1 Coordinación Institucional; 1.2 Apoio, Seguimento e Coordinación dos Traballos; 1.3 Innovación e Impulso de novas iniciativas suplementarias e 1.4 Comunicación e Difusión da Iniciativa e dos seus resultados, sendo esta última unha actuación de carácter transversal orientada a xestionar a comunicación. En síntese os obxectivos son os seguintes:
Próximamente…
A1.1. Coordinación institucional
A1.2. Apoio, seguimento e coordinación xeral dos traballos
A1.3. Impulso da innovación e reforzo do plan como panca do ecosistema da I+D+i mariña en Galicia
A1.4. Comunicación e difusión da iniciativa
Diagrama Pert da estrutura de traballo do PT1
Próximamente…
Próximamente…
Próximamente…
Próximamente…
Próximamente…