Thinkin Azul España | Actualidade
Search
Close this search box.

PT 1: Coordinación xeral do programa

Coordinación institucional
Apoio, seguimento e coordinación xeral dos traballos
Impulso da innovación e reforzo do plan como panca do ecosistema da I+D+i mariña en Galicia
Comunicación e difusión da iniciativa
Previous slide
Next slide

Resumo

O paquete de traballo de coordinación é unha peza de soporte fundamental e totalmente transversal ó conxunto dos demais paquetes de traballos previstos no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia.

 

Dende o momento no que se confirmou que unha das áreas de financiamento previsto para os Plans Complementarios de Ciencia e Innovación financiados polos Fondos de Recuperación e Resiliencia da UE en Galicia serían as ciencias do mar, os organismos que participan na coordinación da iniciativa, CSIC a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a Fundación CETMAR e a Universidade de Vigo a través do Centro de Investigacións Mariñas (UVIGO-CIM) puxeron en marcha unha estratexia destinada a implicar ó conxunto da comunidade investigadora no proceso de definición dos plans de traballo e compromisos concretos a desenvolver nos próximos tres anos dende o comezo no 2022, e de maneira aberta e amplamente participativa.

 

No proceso teñen intervido en maior ou menor medida máis de 250 investigadores e investigadoras das 3 universidades do SUG, 4 centros do CSIC (IEO A Coruña e Vigo, INCIPIT e o IIM); 7 centros da Xunta de Galicia (CETMAR,   CIMA, IGAFA e INTECMAR, centros vencellados a Consellería do Mar,  MeteoGalicia da Consellería de Medio Ambiente, CESGA, e a propia Axencia Galega de Innovación (GAIN).

 

Se ben todos os participantes no proceso foron coñecedores de que non ía ser posible financiar a totalidade de grupos e propostas, o exercicio de formulación foi sumamente inclusivo e existe unha intención compartida, alén dos parceiros que actúan finalmente como beneficiarios, de facer que o Programa actúe como panca para a investigación e a ciencia da sostibilidade do medio mariño e para a economía do mar en Galicia.

 

Os esforzos de coordinación e participación que se deron durante este proceso, deberán aínda reforzarse durante a execución dos traballos. Os obxectivos cos que se deseña este paquete de traballo de Coordinación abranguen as diferentes facetas de coordinación que se prevén necesarias, e que se organizan en catro actuacións: 1.1 Coordinación Institucional; 1.2 Apoio, Seguimento e Coordinación dos Traballos; 1.3 Innovación e Impulso de novas iniciativas suplementarias e  1.4 Comunicación e Difusión da Iniciativa e dos seus resultados, sendo esta última unha actuación de carácter transversal orientada a xestionar a comunicación. En síntese os obxectivos son os seguintes:

  • Manter unha canle de comunicación institucional sistemática entre o PC Ciencias Mariñas Galicia e:  i) a administración estatal, autonómica e mesmo europea; ii) as organizacións beneficiarias do Plan en Galicia; e iii) a Coordinación a nivel estatal (Comunidade Autónoma de Murcia) e nas demais Comunidades Autónomas beneficiarias, nomeadamente Cantabria, Andalucía, e Comunitat Valenciana. (A1.1)
  • Establecer os mecanismos internos para dar seguimento, facilitar e facer cumprir os compromisos de traballo e financeiros no que atinxe a avance na execución das tarefas, identificación temperán de problemas, riscos ou desviacións sobre o programado na memoria técnica do proxecto, e moi en especial aqueles que poñan en risco a produción dos entregables e/ou a consecución de obxectivos.(A1.2).
  • Facilitar o establecemento e a aplicación da política de xestión da propiedade industrial e intelectual no Programa, a través da comunicación coas estruturas de xestión dos organismos implicados na iniciativa.(A1.3)
  • Promover o Programa como peza de artellamento e panca de reforzo da investigación mariña en Galicia cara ó futuro, impulsando a atracción cara á rede dos axentes do sistema (a nivel da quíntupla hélice) alén dos beneficiarios directos e a captación e capitalización de novos recursos para permitir o mantemento deste esforzo no tempo (A1.3).
  • Operar nun marco participativo, integrador e de transparencia cara ó conxunto da sociedade mantendo mecanismos de comunicación e difusión que permitan a visibilidade dos traballos, dos participantes, dos logros e avances, e faciliten a implicación e o diálogo con todas as partes interesadas (A1.4).

Obxectivos

Próximamente…

Lista de actuacións

Actuacións/propostas integradas no paquete de traballo

A1.1. Coordinación institucional

A1.2. Apoio, seguimento e coordinación xeral dos traballos

A1.3. Impulso da innovación e reforzo do plan como panca do ecosistema da I+D+i mariña en Galicia

A1.4. Comunicación e difusión da iniciativa

Esquema estrutura

Diagrama Pert da estrutura de traballo do PT1

Esquema de sinerxías

Próximamente…

Resultados

Próximamente…

Novas

Próximamente…

Entidades e grupos participantes

Próximamente…

Contacto do equipo de coordinación

Próximamente…